Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.059 novas da Fonte::

02/07/2024 | 18:24 | C. do Mar

Alfonso Villares participa na liberación de tres tartarugas mariñas e pon en valor a conservación das especies mariñas e a diversidade dos oceános

O responsable autonómico destaca que o Goberno galego seguirá apostando por este tipo de iniciativas que contribúen a protexer os ecosistemas mariños

02/07/2024 | 17:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta por abordar cuestións como o absentismo laboral ou a escaseza de man de obra no marco do diálogo social

O titular de Emprego fixo fincapé na importancia da colaboración público-privada para enfrontar desafíos estructurais e que demandan actuacións coordinadas para seguir favorecendo a competitividade das empresas galegas e o emprego de calidade

02/07/2024 | 17:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta premia os mellores proxectos de investigación dos estudantes que cursan o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía

As alumnas gañadoras pertencen aos institutos IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña, IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago e IES Blanco Amor de Ourense

02/07/2024 | 17:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/07/2024 | 17:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos da prolongación da autovía AG-59 desde A Ramallosa a Pontevea farán necesario un corte de tráfico do vial municipal de Pite, en Teo, a partir do mércores

O corte temporal, que se prolongará desde mañá e durante 3 meses, permitirá a construción do paso Inferior do Eixe 12 no marco da obra de prolongación desta autovía, que é atravesado polo trazado do tronco da AG-59 

02/07/2024 | 17:12 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta a consolidación de Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta

02/07/2024 | 17:06 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta o compromiso de Granxa Campomayor na potenciación do sector avícola en Galicia a través da innovación e a calidade

A titular da Consellería visitou as novas instalacións, nas que se elaborará ovo a baixa temperatura, conseguindo conciñalo dentro da súa propia casca e deixándoo listo para o seu consumo

02/07/2024 | 17:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos sostén que o éxito da Lei de Cultura inclusiva reside na “implicación de todos os axentes”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude afirmou, durante unha reunión co sector celebrada en Ourense, que a normativa “suporá un antes e un despois na creación de cultura e acceso á mesma”