Actualidade
Buscador de novas
A Xunta anuncia que os cinco centros de crise 24h estarán en funcionamento no último trimestre do ano
Cada un destes puntos de atención especializada para vítimas de violencia sexual contará cun equipo de sete profesionais para ofrecer atención psicolóxica, xurídica e social continuada
Belén do Campo destaca o aumento de prazas no programa “Benestar en Balnearios” da Xunta incluíndo nas quendas os meses de verán
Ofértanse máis de 1.230 prazas en 15 establecementos de toda a Comunidade para persoas maiores de 60 anos, ou maiores de 55 en condición de pensionista e poderán levar acompañante
A Xunta adscribirá o Colexio Novo Mesoiro ao IES A Sardiñeira, con transporte escolar gratuíto para o alumnado que así o decida
O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Manuel Vila, explica ante a Comisión 4ª do Parlamento as obras que se están desenvolvendo no instituto
A Xunta pon en valor a importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, defendeu o traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en ámbitos como a xestión dos proxectos do programa POCTEP
A Xunta licita por preto de 300.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, en Cerdedo-Cotobade
Os traballos enmárcanse no convenio asinado entre Augas de Galicia e o concello e están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
Representantes do sector da pesca de Costa Rica e Perú visitan Galicia nunha xira formativa organizada por Cetmar
A visita de tres docentes do Instituto Nacional de Aprendizaxe (INA) costarricense e dun investigador do Instituto do Mar peruano (Imarpe) está prevista do 1 ao 12 de xullo
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue leva a campaña “Somos Olímpicos” ata Ribeira
Este municipio foi un dos de máis elevada participación da provincia da Coruña no pasado ano 2023, con 51 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano
Mañá abre o prazo para que as escolas infantís privadas e de iniciativa social se adhiran á gratuidade o vindeiro curso
O próximo ano 2025, estes centros comezarán a aplicar por vez primeira uns criterios de acceso homoxéneos, dándolle prioridade ás familias nas que os dous proxenitores traballan, entre outras