Actualidade
Buscador de novas
A Xunta ofrece este verán 1.800 prazas de campamentos na provincia de Lugo
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e o delegado territorial da Xunta en Lugo visitan o albergue Area con 100 rapaces por quenda
A Xunta destaca o valor da cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o emprendemento
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe na presentación do proxecto Es-Factory para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do norte de Portugal
A Xunta asina cos comerciantes da Praza de Abastos nº1 de Ourense o convenio a través do cal financiará a realización do plan funcional do mercado
O documento, que estará elaborado no prazo aproximado dun mes atendendo as necesidades dos praceiros e en coordinación cos técnicos municipais, é o seguinte paso a dar para reiniciar a actividade comercial no edificio histórico
A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación realizada no barrio da Estación no concello da Rúa, desenvolvida ao abeiro do plan Hurbe
A intervención aborda a mellora das vías da Rúa Real, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e o entronque coa rúa Silveira, cun investimento de preto de medio millón de euros
O Servizo Galego de Saúde destaca a participación activa do persoal farmacéutico no proceso asistencial de atención centrado no doente
Galicia xestiona máis de 1,2 millóns de tratamentos mediante o software de farmacia hospitalaria
A Xunta licita por preto de 2,9 M€ as obras do novo centro de saúde da Rúa
Martínez Allegue subliña a concepción construtiva e das instalacións do novo centro de Atención Primaria, que contará cunha superficie que superará os 1.300 m2 e dúas plantas, e que “situará ao municipio á vangarda da atención sanitaria”
Medio Rural completa o pago de case 12 M€ en axudas a preto de 4.600 produtores amparados polo selo Ternera Gallega
A titular da Consellería destacou a importancia destas achegas, que contribúen a paliar o sobrecusto deste tipo de producións de excelente calidade
Máis de cen axentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal definen a nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027
Representantes do ecosistema de I+D+i de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse esta mañá en Ponte de Lima (Portugal) para identificar as áreas prioritarias
A Xunta ofrece este verán co ‘CulturOn’ 30 tipos de actividades para atender aos intereses do público
A campaña estival do Goberno galego chega a 200 concellos con música, maxia, artes escénicas, exposicións, patrimonio ou bibliotecas, entre outras propostas