Actualidade
Buscador de novas
A Xunta ofrece no verán unha oferta cultural diversa que chegará a máis de 40 concellos de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, presentou hoxe a programación de ‘CulturON 2024’ para a provincia
A Xunta aposta pola formación como mellor medida de prevención na loita contra o branqueo de capitais
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou esta mañá na inauguración de novas edicións do congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro e de dereito penal económico, que definiu como unha cita consolidada no ámbito xurídico para clarificar e identificar os riscos desta problemática
A Xunta aborda a situación dos profesionais do taxi na comunidade con representantes do sector
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que o Goberno galego vén de ampliar o crédito das axudas deste ano para incentivar a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida e de emisións cero ou categoría ECO
A Xunta pon en marcha o ‘Plan de competitividade e sostibilidade do marisqueo de Galicia’ co que mobiliza 123 millóns de euros ata 2025 para reactivar o sector
O documento xorde do diálogo e do consenso cos colectivos implicados e está dirixido a impulsar a súa produtividade e a garantir a súa rendibilidade
Rueda acorda co presidente da Deputación de Pontevedra impulsar a rehabilitación do convento de Santa Clara e do Cine Fraga
Consensúan crear unha comisión de seguimento e axilizar os trámites necesarios no caso do mosteiro pontevedrés
A Xunta pon en valor a obra de Néstor Goyanes coa mostra ‘Soñar ao encontro: cartas ao mar’
A exposición, aberta ata o 25 de agosto, busca amosar a través dunha serie de gravados a memoria e as vivencias pasadas migratorias do artista
Román Rodríguez anuncia a licitación da rehabilitación integral do colexio Pérez Viondi da Estrada, cun investimento de máis de 1 M€
Inclúe o cambio de cuberta do edificio principal, a mellora da accesibilidade e a renovación de fiestras do ximnasio, entre outras