Actualidade
Buscador de novas
A Xunta continúa reforzando os vencellos sociais e culturais coa mocidade galega do exterior
Conecta con Galicia é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, destinada a facilitarlle á mocidade galega do exterior o contacto coas súas raíces
Manuel Pardo subliña as actividades e a implicación da Xunta pola presenza da muller no eido tecnolóxico
Para o delegado territorial trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM
A Xunta visita en Bolivia os proxectos financiados a través da Cooperación Galega en Charagua e a Chiquitanía
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE visitou as actuacións de cooperación para o desenvolvemento executadas pola Fundación Entreculturas Fe e Alegría en agrupación coa Fundación Taller de Solidariedade e por Médicos do Mundo
A Xunta pon en valor a aportación de empresas como Altia para que Galicia incremente a súa resiliencia e siga a liderar a acción contra o cambio climático
A galega é a comunidade española con maior redución das emisións desde 1990 e a que ten maior capacidade de absorción de dióxido de carbono, cuestións nas que afondará o Plan rexional de clima e enerxía 2024-2030 que está en elaboración
A Xunta impulsa a comercialización da marca Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera en Sanxenxo que estará aberta nos meses de xullo e agosto
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda pop up froito da colaboración de Artesanía de Galicia coa marca galega de moda D-due
A Xunta facilita o acceso e visita de peregrinos e visitantes a preto dunha vintena de igrexas de catro itinerarios xacobeos da Diócese de Lugo
O director de Turismo de Galicia visita a Igrexa da Ponte de San Lázaro, un dos templos nos que se impulsan estas medidas
O ecosistema galego de I+D+i avalía os instrumentos de apoio á I+D+i da Xunta de Galicia
Celébranse varias mesas de traballo con distintos axentes no marco do proceso de avaliación final da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3)
A Xunta pon en valor o papel fundamental dos orientadores laborais como axentes clave para seguir mellorando a empregabilidade en Galicia
A xuntanza de José González cos directores e orientadores laborais das oficinas de emprego da provincia de Lugo enmárcase no proceso de escoita activa que a Consellería ten aberto cos principais axentes sociais e económicos
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue leva a campaña “Somos Olímpicos” ata Allariz
Este municipio foi un dos de máis elevada participación da provincia de Ourense no pasado ano 2023, con 48 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano