Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.038 novas da Fonte::

24/07/2024 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede máis de 2 M€ a máis de 400 beneficiarios para avanzar na transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial e artesanal

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe senllos comercios en Santiago de Compostela e Arzúa que recibiron en total preto de 27.000 euros en axudas no marco desta convocatoria de 2024

24/07/2024 | 12:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a información pública o plan de xestión do Monumento Natural da Costa de Dexo

Todas as persoas interesadas poden enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través do formulario habilitado a tal fin durante un mes contado a partir de mañá

24/07/2024 | 10:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica o calendario laboral para 2025 e fixa como festivos propios o 17 de maio e o 25 de xullo

A normativa estatal fixa 14 festivos: 12 marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos

23/07/2024 | 20:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo anima aos artesáns da Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia

Talleres artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada cun orzamento de 265.000 euros

23/07/2024 | 20:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A campaña ‘Días Azuis’ da Xunta e a Federación Galega de Comercio para dinamizar o sector rexistrou máis de 120.600 compras

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de premios por valor de 20.000 euros aos clientes participantes que gañaron o sorteo da última edición desta iniciativa

23/07/2024 | 19:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Museo Catedralicio de Mondoñedo exhibe unha peza de cerámica de época baixoimperial cedida pola Xunta

Foi descuberta nunha escavación financiada polo Goberno galego no 2017 e presenta unha inscrición interpretada como un Crismón arcaico

23/07/2024 | 19:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Museo Etnolóxico dá a coñecer o patrimonio relixioso de Ribadavia coa sua nova exposición

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura a nova mostra que estará dispoñible ata o 31 de decembro deste ano

23/07/2024 | 16:46 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Global Solo Challenge 2027-2028 que terá en Vigo o seu porto de saída e chegada recalca a capitalidade de Galicia nos fitos mundiais da vela

O secretario xeral para o Deporte lembra o terceiro posto do Galicia 93 Pescanova de Javier de la Gándara na Volta ao Mundo de 1993 e o segundo posto do Mapfre en 2018 con Támara Echegoyen na tripulación