Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.897 novas:

31/08/2024 | 16:49 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta licita por 300.000 € o proxecto de rehabilitación do conxunto monumental Torres de Oeste de Catoira

É unha das accións dos 12 Bens de Interese Cultural nos que se actúa no marco do Plan Xacobeo Next Generation posto en marcha polo Goberno autonómico 

31/08/2024 | 11:16 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 2.200 persoas pasan o verán nas Residencias de Tempo Libre da Xunta

O programa ‘Vacacións en Familia’, a través do que o Goberno galego ofrece estadías de verán de seis días a prezos económicos, continúa desenvolvéndose durante o mes de setembro

31/08/2024 | 11:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aprobará o luns no Consello a licitación da obra de construción do novo colexio do Milladoiro por case 9,8 M€

A previsión é que as obras comecen no primeiro semestre de 2025, co obxectivo de que entre en funcionamento no curso 2026/27

31/08/2024 | 11:03 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio de colaboración coa Fegamp para a atención e protección de persoas con trastornos aditivos

O Executivo galego destinará máis de 4 millóns de euros á realización de programas de atención e protección da saúde de persoas con trastornos aditivos

31/08/2024 | 10:41 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta facilita a unha trintena de profesionais a asistencia de actividades do sector do libro

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de resolver a súa liña de axudas para que persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras poidan participar en citas nacionais e internacionais

31/08/2024 | 10:13 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira

O lume iniciouse na tarde do pasado martes, día 27, e finalmente afectou unha superficie de 31 hectáreas de arborado