A Xunta pon en valor o emprendemento cooperativo na xornada formativa sobre o cultivo de oliveiras en Galicia

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá na clausura da Xornada Formativa sobre Cultivo de Oliveiras en Galicia, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias en Santiago de Compostela e que aborda a recuperación das variedades da oliveira.

Alí, o director puxo en valor a importancia deste tipo de eventos, centrados na produción de produtos alimentarios de calidade, no fomento do emprendemento cooperativo, a xeración de emprego e a fixación da poboación no rural. No caso concreto deste sector, o aceiteiro, cabe destacar que conta cun indicativo de calidade de Artesanía Alimentaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/03/2024