A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións asistiu á inauguración da xornada organizada por Autismo Galicia e Asperga en Santiago

Fabiola García traslada ás entidades sociais o compromiso do Goberno galego na atención ás persoas con Asperger en todos os ámbitos vitais

As xornadas serviron para conmemorar o Día Internacional da Síndrome de Asperger, que tivo lugar o pasado 18 de febreiro

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, participou esta mañá na xornada organizada por Autismo Galicia e Asperga en conmemoración do Día Internacional da Síndrome de Asperger, que tivo lugar o pasado 18 de febreiro. Durante a súa intervención, trasladou ás entidades sociais o compromiso do Goberno galego na atención ás persoas con Asperger en todos os ámbitos vitais.

Fabiola García lembrou que durante os últimos anos Galicia logrou mellorar a atención ás persoas con Asperger desde a infancia e ata a vida adulta. Neste sentido, apuntou que se crearon unidades de atención temperá por toda a Comunidade que permiten a identificación de problemas no desenvolvemento de nenos de ata 6 anos. Na actualidade existen 40 unidades que dan cobertura a 200 concellos galegos.

Así mesmo, sinalou que o Goberno galego consolidou un sistema educativo inclusivo, no que se atenda ás necesidades especiais de todo o alumnado; creou máis facilidades para o seu acceso ao mercado laboral, a través de máis prazas públicas de acceso á discapacidade; e impulsou tamén a colocación de pictogramas e mecanismos visuais que lle permitan ter unha maior autonomía á hora de acceder a servizos.

Por último, Fabiola García destacó también la entrada en vigor esta misma semana del concierto social, con el que la Xunta blinda más de 5.000 plazas públicas de atención a la discapacidad con una inversión superior a los 100 millones de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2024