A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas da Arribada en Baiona para facilitar os desprazamentos

Durante os días 2 e 3 de marzo increméntanse os horarios dos servizos de transporte público da Xunta de ida e volta da conexión Vigo-Nigrán-Baiona

A Xunta facilita mellores alternativas de viaxe en transporte público co obxectivo de reducir os riscos da condución e minorar o impacto medioambiental e sobre o tráfico

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia reforzará as frecuencias de autobús durante as festas da Arribada para facilitar os desprazamentos dos asistentes.

 

Durante os días 2 e 3 de marzo increméntanse os horarios nos servizos de transporte público da Xunta da conexión Vigo-Nigrán-Baiona, tanto para a ida como para a volta.

 

En concreto, a liña Baiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo estación intermodal, o sábado 2 de marzo disporá de saídas ás seguintes horas: 12:30, 13:30, 14:00, 14:30, 17:30, 18:30, 19:30, 20:30 e 21:30 horas.

 

O domingo 3 de marzo esta liña disporá de saídas ás 11:30, 12:00, 12:30, 13:30, 14:00, 14:30, 17:30, 18:00, 18:30, 19:30 e 20:30 horas.

 

No caso do sentido contrario, os usuarios terán á súa disposición tamén reforzos nesta liña. O sábado 2 de marzo facilitarase un servizo cada hora, desde as 16:30 ata as 21:30 horas, ambas as frecuencias incluídas. O domingo 3 de marzo disporase tamén de servizos ás 06:00, 06:30, 07:00, 07:30, 16:30, 17:00, 17:30, 18:30, 19:30 e 20:30 horas.

 

Para o regreso tras a medianoite, reforzarase a liña Baiona (porto)-Povisa, con saídas o sábado 2 de marzo ás 00:30, 02:00 e 04:00 horas; e o domingo 3 de marzo ás 00:30, 02:00 e 04:00 horas.

 

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos, trata de ofrecer mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución, despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental.

 

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta. Tamén os maiores de 65 anos poden viaxar de balde empregando a Tarxeta de Mobilidade de Galicia, TMG.

 
O resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.
 

A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.

Data de actualización: 01/03/2024