A Xunta destaca o Salón do Automóbil de Vigo como “referencia da fortaleza” do sector industrial na cidade

Vigo, 1 de marzo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, salientou este venres na presentación do XXXIII Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo, que se celebrará no Ifevi entre o 6 e o 10 de marzo, o importante papel da maior exposición do motor de Galicia como “referencia da fortaleza do sector automobilístico” na cidade. 

No acto celebrado no auditorio da Cámara do Comercio de Vigo, a representante autonómica destacou a posición da industria na produción nacional de vehículos. “De aquí seguen saíndo 1 de cada 4 coches ensamblados en España, con Stellantis-Vigo como a fábrica máis produtiva e cun récord nas exportacións, e tamén supón un terzo do total das vendas de Galicia ao exterior”, sinalou. 

Ortiz destacou tamén o papel do Salón do Automóbil como oferta lúdica e de ocio. O certame reunirá a máis de 30 marcas de automóbiles e unhas 15 de motocicletas, facendo dea cita uno dos eventos fundamentais na venta e distribución de vehículos en Galicia. A exposición, que conta con 20.000 metros cadrados, permite aos visitantes escoller entre unha variada oferta. 

Como novidade nesta edición, os organizadores destacaron a presenza da marca china Omoda, que se presenta por primeira vez nun Salón do Automóbil en España. Outras firmas internacionais que desembarcarán no Ifevi son Mini, BMW, Volvo, Volkswagen, Toyota ou Ford, entre outras.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/03/2024