A Universidade portuguesa de Trás-os-Montes e Alto Douro interésase no modelo de formación do Centro Superior de Hostelería de Galicia

Unha delegación de representantes da institución lusa desprazáronse esta semana para coñecer as técnicas de innovación e exportar as accións ligadas á gastronomía e enoloxía

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2024

Unha delegación da Universidade portuguesa de Tras-Montes e Alto Douro, encabezada polo seu reitor, Emídio Ferreira dos Santos Gomes, desprazouse esta semana a Santiago de Compostela para coñecer o modelo de formación levado a cabo polo Centro Superior de Hostelería de Galicia con vistas a poder aplicar na súa formación académica varias das fórmulas do centro galego.

Acompañados polo director do CSHG, José Paz, así como representantes de Turismo de Galicia, realizaron unha visita guiada ás instalacións onde se leva a cabo a actividade docente, tanto teórica como práctica. Ademais de coñecer as aulas de formación, as de catas de viño e cocina de demostración e laboratorios de idiomas, tamén coñeceron de primeira man os restaurantes simuladores nos que o alumando de servizos e cocina, orientados e supervisados polos profesores, xestionan o buffet e restaurante á carta, participando nunha das comidas elaboradas polo alumnado.

O membros da universidade portuguesa interesáronse no que se está a innovar desde o Centro Superior de Hostelería, sobre todo na parte da gastronomía e enoturismo a xa que dentro dos obxectivos da Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro está a nutrición, innovación culinaria, producción de viñedos e viños. O percorrido pola CSHG enmárcase na visita institucional coordinada pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal á Universidade de Santiago e alíñase co traballo do CSHG por compartir o seu modelo formativo con outras institucións académicas nacionais e internacionais coa intención de establecer sinerxías.

Visión completa e integral

O Centro Superior de Hostalería de Galicia imparte desde hai dous cursos académicos o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras da Universidade de Santiago de Compostela. Conta cun curso inicial común e ten dúas mencións, unha en Dirección Hoteleira e outra en Gastronomía. O grao ofrece unha visión completa e integral dos negocios hostaleiros dentro da industria hoteleira, restauración, agroalimentaria, eventos e turismo en xeral.

Xunto ao Grao universitario, o Centro Superior de Hostalería de Galicia tamén aposta pola innovación e a formación constante buscando a reciclaxe dos traballadores en activo. Por iso ten un plan de formación anual para os profesionais do sector turístico, emprendemento e dixitalización que vén funcionando con boa resposta nos últimos anos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2024