A Xunta pon de relevo, no Salón Internacional da Seguridade en Madrid, a súa aposta polas iniciativas innovadoras neste eido
2024-02-29
/documents/35297/507718/240229_Manuel_Rodriguez_Salon_Internacional_Seguridad.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Madrid, 29 de febreiro de 2024
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, asistiu esta mañá ao Salón Internacional da Seguridade (SICUR) que se está a celebrar no IFEMA de Madrid. Alí, puido coñecer as iniciativas máis novidosas relacionadas con este ámbito e puxo de relevo a aposta do Goberno autonómico pola innovación neste sector.
SICUR é un evento referente a nivel nacional e internacional, centrado na innovación e o desenvolvemento tecnolóxico na seguridade integral dende as súas áreas fundamentais: security, ciberseguridade, seguridade contra incendios e emerxencias e seguridade laboral.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 29/02/2024