Fabiola García destaca a importancia de fomentar a educación en valores desde a infancia

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, deu a benvida esta mañá aos nenos participantes na 26ª edición do programa Deputados por un día, que organiza cada ano Aldeas Infantiles. Durante a súa intervención, destacou a importancia de fomentar a educación en valores desde a infancia para dar a coñecer á mocidade a importancia do diálogo, o debate e a resolución pacífica de conflitos.

Fabiola García agradeceu a Aldeas Infantiles a posta en marcha desta iniciativa que permite que Galicia forme a cidadáns comprometidos, responsables e concienciados. Os 8.000 participantes nesta edición, de 80 colexios galegos, puideron votar sobre os compromisos que consideran máis relevantes para mellorar a nosa sociedade e que xiran en torno á reciclaxe, a sustentabilidade, a igualdade ou o impulso das contornas rurais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/02/2024