A Xunta organiza un obradoiro sobre a enxertía de árbores froiteiras no CFEA Pedro Murias, en colaboración co Concello de Ribadeo

Ribadeo (Lugo), 27 de febreiro de 2024

O Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias, localizado no municipio lucense de Ribadeo, acolleu hoxe un obradoiro sobre a enxertía de árbores froiteiras en colaboración co concello deste municipio. A xornada formativa, que encheu o número de prazas ofertadas con 24 participantes, ten como obxectivo que os asistentes coñezan os conceptos básicos vencellados coa enxertía para mellorar a saúde das plantas e mellorar o seu rendemento. 

Este é o segundo ciclo dos obradoiros organizados neste centro. O primeiro estivo centrado na poda de árbores froiteiras mentres que o seguinte, que terá lugar o próximo 2 de abril, versará sobre a reprodución vexetativa de plantas ornamentais.  

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/02/2024