Román Rodríguez marca a diversidade como un valor que se debe cultivar desde as aulas

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, amosa o compromiso do seu departamento coa formación do profesorado no ámbito da atención á diversidade como un dos elementos clave para un sistema educativo plenamente inclusivo e de calidade.

Así o manifestou esta mañá na apertura dunha xornada dirixida a profesionais de atención á diversidade co dobre obxectivo de mellorar o seu labor docente e axudar ao seu alumnado a desenvolver todas as súas potencialidades. “Vivimos nun contexto social amplo e plural en canto a culturas, intereses e circunstancias”, explicou o representante da Xunta, quen engadiu que esta diversidade “representa un valor e un enriquecemento” para o conxunto da sociedade que se debe cultivar desde as aulas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/02/2024