Rivo pon en valor a proba ciclista O Gran Camiño que percorreu a provincia de Ourense, entre Xinzo de Limia e Ribadavia, na súa terceira etapa
2024-02-24
/documents/35297/507009/20240224+RivoOGranCamino.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ribadavia (Ourense), 24 de febreiro de 2024
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, asistiu hoxe en Ribadavia ao final da terceira etapa da proba ciclista O Gran Camiño na que os deportistas percorreron unha vintena de concellos entre Xinzo de Limia e Ribadavia. Trátase dun escaparate para o territorio, xa que o evento deportivo é retransmitido en directo en máis de 30 países. Ao final da carreira, a conselleira entregou o premio da categoría máxima.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 24/02/2024