Portos de Galicia executará nos vindeiros días unha solución de reforzo do abrigo en Barallobre

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, executará nos vindeiros días unha solución de reforzo do abrigo no porto de Barallobre, no municipio coruñés de Fene. En concreto, os traballos consistirán na reparación dos módulos do pantalán de abrigo existente, que se ensartarán para recuperar a súa funcionalidade de xeito provisional, á espera da solución definitiva na que se levan xa meses traballando.

Con esta finalidade os vindeiros días os técnicos do ente público e a empresa adxudicataria do servizo global de mantemento das infraestruturas visitarán a zona para executar a solución técnica prevista. Portos de Galicia pretende así mellorar as condicións de abrigo no porto de Barallobre durante as tarefas de descarga para facilitar a actividade dos profesionais, nomeadamente na actual campaña da vieira.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 23/02/2024