A delegada da Xunta recibe ás directivas das confederacións de veciños ante a celebración do seu congreso federal en Vigo

Vigo, 23 de febreiro de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este venres unha xuntanza coas directivas das confederacións veciñais que celebrarán o vindeiro luns o seu congreso confederal na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. A representante autonómica recibiu a Julio Molina, Manuel Osuna e María José Villamarín, presidente, vicepresidente e vicesecrataria, respectivamente, da Confederación Estatal de Asociacións de Veciños. Tamén acudiron responsables da Confederación Galega de Asociacións Veciñais "Rosalía de Castro" e da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao".

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/02/2024