A Xunta inaugura o III Foro Xuntos fronte aos abusos que ten lugar na Cidade da Cultura

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou as xornadas que se celebran entre hoxe e mañá no edificio CINC

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á inauguración do III Foro Xuntos fronte aos abusos que se iniciou hoxe na Cidade da Cultura de Santiago. Este encontro, organizado pola Xunta de Galicia, permitirá entre hoxe e mañá expoñer en distintas mesas redondas e conferencias os retos en materia de protección á infancia en casos de abusos sexuais.

Entre as mesas organizadas para o día de hoxe atópanse expertos nos distintos eidos como psicólogos, catedráticos, mestres, orientadores ou pediatras, entre outros. As xornadas poderán ser comentadas na rede a través do cancelo #PorUn2024SenAbuSOS.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/02/2024