A Xunta avoga pola difusión da cultura emprendedora entre os máis novos e participa no certame Minimarket Emprende Xove 2024 en Narón

Narón (A Coruña), 21 de febreiro de 2024

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe en Narón na décima edición do certame Minimarket Emprende Xove 2024, organizado pola asociación de xoves empresarios AJE Ferrolterra, para difundir a cultura emprendedora nos centros educativos. Fernández participou como xurado neste certame, que destacou pola orixinalidade das propostas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/02/2024