A Xunta participa en Madrid nunhas xornadas de Unicef sobre a protección da infancia ante continxencias humanitarias

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu ao encontro, no que se analizou a resposta de España ante á crise de Ucraína

Madrid, 20 de febreiro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe en Madrid nunhas xornadas organizadas por Unicef España sobre a protección da infancia en contexto de continxencias humanitarias migratorias.

O encontro incluíu unha mesa redonda e dúas sesións de traballo centradas na situación dos nenos e adolescentes en situación de acollida, estean ou non acompañados. Púxose especial énfase na resposta de España á crise de Ucraína.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/02/2024