A Xunta organiza un obradoiro sobre poda de árbores froiteiras no CFEA Pedro Murias, en colaboración co concello de Ribadeo

Ribadeo (Lugo), 19 de febreiro de 2024

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias, localizado no municipio lucense de Ribadeo, está a acoller novos obradoiros vencellados á oferta formativa do centro, en colaboración co concello desta localidade. A primeira destas iniciativas, celebrada hoxe, versa sobre a poda de árbores froiteiras e estase a impartir en dúas quendas

 

O obxectivo desta actividade é que os asistentes coñezan os conceptos básicos de formación e poda para mellorar a saúde das plantas e obter rendementos óptimos, tendo en conta que a poda é unha actividade de mantemento indispensable para o coidado das árbores froiteiras, xa que aumenta a súa vitalidade das árbores e mellora a floración e a produción de froita. Nas vindeiras semanas este mesmo CFEA acollerá outros obradoiros sobre enxertía de froiteiras e reprodución vexetativa de plantas ornamentais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/02/2024