A delegada da Xunta en Vigo acompaña a tres matrimonios de Valladares na celebración das súas vodas de ouro

Vigo, 17 de febreiro de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acompañou este sábado na celebración das súas vodas de ouro a Gregorio Álvarez e Nieves Lorenzo, Saladina Novoa e Antonio Correa e Abel Vila e Benedicta Alonso.

Ana Ortiz acudiu ao festexo co que o Centro Cultural e Veciñal de Valladares homenaxea a estes matrimonios da parroquia viguesa polos seus 50 anos xuntos e tivo oportunidade de entregarlles uns agasallos en nome da Xunta. O acto estivo amenizado pola Unión Musical de Valladares.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/02/2024