O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Luis Menor, asinaron hoxe o convenio de colaboración

A Xunta amplía o programa Xantar na Casa no Pereiro de Aguiar ata as 45 prazas

A Xunta responde á demanda detectada polos servizos sociais municipais, que son os encargados de seleccionar aos beneficiarios

A través desta iniciativa, garántese unha alimentación san e equilibrada durante toda a semana a maiores que viven sos, persoas dependentes ou que están en risco de exclusión social

O Pereiro de Aguiar (Ourense), 16 de febreiro de 2024

A Xunta de Galicia amplía en 20 prazas máis o programa Xantar na Casa no Pereiro de Aguiar para chegar a ata un máximo de 45 beneficiarios, entre maiores que viven sos, persoas dependentes ou que están en risco de exclusión social. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Luis Menor, asinaron hoxe o novo convenio de colaboración para ampliar o número de usuarios deste programa.

Perfecto Rodríguez sinalou que este convenio responde á demanda detectada polos servizos sociais do Concello, que son os encargados de seleccionar aos usuarios. A Xunta encárgase de financiar o 50% do custe da comida, mentres que a outra metade corre a cargo do Concello e dos usuarios a partes iguais.

Así mesmo, o xerente do Consorcio explicou que a comida repártase nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana —incluídos sábados, domingos e festivos—, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila. Ao usuarios do programa tamén se lles facilitan os electrodomésticos que necesiten no caso de que careza deles, como neveira e microondas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/02/2024