A Xunta celebra o entroido cos usuarios do centro público autonómico O Saiar, en Caldas de Reis

Caldas de Reis (Pontevedra), 13 de febreiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá os usuarios do centro ocupacional O Saiar, en Caldas de Reis. Durante a visita, puxo en valor a calidade asistencial deste servizo público, da Xunta de Galicia, que conta con 40 prazas de atención.

A directora xeral puxo en valor este centro que conta con 35 anos de experiencia no coidado e atención ás persoas con discapacidade. Abeijón puido participar na celebración do Entroido que prepararon durante os últimos días os usuarios do centro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/02/2024