A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos regos das Pontigas e da Veiga, no concello de Cedeira

Os treitos obxecto das intervencións acadan unha lonxitude de algo máis de 4,1 quilómetros

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos

Estas intervencións teñen como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a iniciar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do rego das Pontigas e no rego da Veiga, no concello de Cedeira.

Estas tarefas desenvolveranse nunha lonxitude de algo máis de 4,1 quilómetros, no percorrido destes dous regos por distintas parroquia deste municipio.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, estes regos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións teñen como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/02/2024