A Xunta visita o centro de día e ocupacional de Aceesca no Porriño

O Porriño (Pontevedra), 12 de febreiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, acompañada do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visitou esta mañá os centros de día e ocupacional de Aceesca no Porriño onde puxo en valor a súa implicación por mellorar a atención ás persoas con discapacidade. A Xunta colabora con esta entidade na posta en marcha de programas, prazas de atención, para a adquisición dun vehículo e tamén para a construción dun novo centro residencial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/02/2024