Máis de 2.100 opositores convocados aos exames do Sergas desta fin de semana
O departamento sanitario da Xunta oferta este sábado un total de 134 prazas distribuídas en catro categorías profesionais
En concreto, o Sergas oferta 61 prazas de Enfermeiro/a especialista en enfermaría Familia e Comunitaria; 70 de Fisioterapeuta; 1 de Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e 2 de Técnico/a superior en Hixiene Bucodental
Ao longo deste mes de febreiro, o Servizo Galego de Saúde convocou os exames para a cobertura de 913 prazas distribuídas en 10 categoría
O vindeiro día 16 de marzo proseguirá a realización das probas selectivas para a cobertura de prazas en 37 categorías de persoal estatutario licenciado sanitario
O Recinto Feiral Internacional de Galicia (Silleda) acolle na xornada de mañá a realización das probas selectivas para o acceso ao Servizo Galego de Saúde nas categorías de Enfermería Familiar e Comunitaria; Fisioterapeuta; Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e Técnico/a superior en Hixiene Bucodental.
Así, e desde as 9:00 horas, o número total de persoas convocadas para a realización destes exames ascende até as 2.138 persoas opositoras.
Na xornada do sábado, o Sergas oferta un total de 134 prazas distribuídas en catro categorías profesionais. En concreto, 61 prazas de Enfermeiro/a especialista en enfermaría Familia e Comunitaria; 70 de Fisioterapeuta; 1 de Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información; e 2 de Técnico/a superior en Hixiene Bucodental.
Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas.
Ao longo deste mes de febreiro, o Sergas oferta un total de 913 prazas distribuídas en 10 categorías. Así, ás 134 prazas de mañá sábado, débense engadir as 779 ofertadas durante a pasada fin de semana, na que participaron máis de 13.500 opositores.
O vinderio día 16 de marzo o Servizo Galego de Saúde proseguirá coa realización das probas selectivas para a cobertura de prazas en 37 categorías de persoal estatutario licenciado sanitario.
Xa pola tarde, Anestesioloxía e reanimación; Aparello dixestivo; Cardioloxía; Cirurxía torácica; Cirurxía xeral e aparello dixestivo; Hematoloxía e hemoterapia; Medicina interna, Medicina preventiva e saúde pública; Neuroloxía, Pediatría e as súas áreas específicas; Psicoloxía clínica, Radiodiagnóstico, Reumatoloxía; e Médico/a coordinador do 061.
Protocolo das medidas organizativas no desenvolvemento das probas
Destacar que na organización destes procesos selectivos non se realiza o chamamento dos aspirantes. Así, todos os aspirantes teñen á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (FIDES/ expedient-e), desde a data de publicación da data do exame no Diario Oficial de Galicia, até a acreditación persoal con código QR.
Á hora de inicio das probas os aspirantes acércanse á porta que teñen asignada co código QR que debe levar impreso e acreditando a súa identidade acceden ao exame. Con esta medida axilízase a entrada ao recinto, evitando aglomeracións innecesarias.