O 112 Galicia presenta unha curtametraxe documental para homenaxear o seu persoal xestor no marco das actividades do Día Europeo do número de Emerxencias

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias participou nun acto no que se puxo en valor a labor dos traballadores e traballadoras
 

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias acolle tamén hoxe unha xornada de portas abertas
 

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias participou nun acto no que se puxo en valor a labor dos traballadores e traballadoras
 

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias acolle tamén hoxe unha xornada de portas abertas

A Estrada (Pontevedra), 9de febreiro de 2024

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, participou esta mañá na Estrada na presentación da curtametraxe documental titulada Que supón ser unha xestora do 112 Galicia. A iniciativa enmárcase nos eventos organizados polo 112 Galicia con motivo do Día Europeo do 112, que se celebra o domingo.

A peza audiovisual pretende renderlle homenaxe ao persoal xestor do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, dando a coñecer o seu traballo á cidadanía en xeral. Protagonizada pola xestora Mercedes Souto, a curtametraxe síguea durante unha xornada laboral e trata aspectos tan fundamentais coma descoñecidos para boa parte da poboación. Entre eles, móstranse as implicacións psicolóxicas do traballo nunha central de emerxencias ou as dinámicas de funcionamento da sala de operacións do 112 Galicia.

Ademais da proxección do documental, o CIAE-112 Galicia celebra hoxe unha xornada de portas aberta para que todas aquelas persoas que estean interesadas poidan coñecer o funcionamento do centro. Cómpre sinalar tamén que o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias permanece en contacto directo coa Asociación do Número de Emerxencias Europeo (EENA) a fin de aumentar o alcance das súas accións e de compartir experiencias con outras centrais de emerxencias nacionais e comunitarias.

Todo isto compleméntase coas diversas accións levadas a cabo desde as redes sociais, nas que se dedican importantes esforzos para concienciar a cidadanía sobre a relevancia do número único de atención ás emerxencias e do seu igual valor fóra das nosas fronteiras nacionais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/02/2024