A Xunta destaca a importancia das producións ecolóxicas para o sector agroalimentario

Vilalba (Lugo), 8 de febreiro de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe na charla informativa “De convencional a ecolóxico”, organizada pola Asociación de criadores de cabalo de Pura Raza Galega na que tamén colaborou o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) na localidade lucense de Vilalba. 

O director destacou nesta charla a importancia dos produtos ecolóxicos e resaltou que representan unha oportunidade para os produtores e o territorio. Ademais, puxo en valor as axudas coas que conta a Xunta para o fomento da agricultura ecolóxica, dotadas cun orzamento de 9 millóns de euros anuais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/02/2024