A Xunta asiste ao baile de entroido do centro sociocomunitario de Coia

Vigo, 8 de febreiro de 2024

O director xeral de Maiores de Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu ao baile do centro sociocomunitario de Coia, Vigo. Durante o evento puxo en valor este tipo de encontros por permitir que as persoas maiores socialicen e se divirtan con aquelas actividades que máis lle gustan.

O director xeral lembrou que os centros sociocomunitarios permiten ofrecer un amplo programa de actividades a disposición das persoas de vilas e cidades para fomentar un envellecemento activo, para ofrecer obradoiros sobre distintas disciplinas ou para crear comunidade. Neste sentido, sinalou o impulso que o Goberno galego lle está dando a estes centros para facer de Galicia un lugar máis agradable no que vivir.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/02/2024