A Xunta visita as entidades Valoresc Innovation e o Comité Antisida de Ourense

Ourense, 8 de febreiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a Asociación Valoresc Innovation e o Comité Antisida de Ourense. Alí destacou o importante labor que realizan estas entidades para apoiar ás persoas que están atravesando unha situación de dificultade e precisan apoio para saír adiante.

Neste sentido, Arturo Parrado lembrou que o Goberno galego ofrece axudas ás entidades sociais a través de dúas convocatorias de axudas, unha delas financiada con cargo ao 0,7% do IRPF e outra que conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, para que poidan poñer en marcha os seus programas e cheguen coas súas accións diarias a máis xente. Apuntou que a Xunta ten en conta a experiencia do tecido social para atender a cada cidadán nas súas necesidades individuais e específicas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/02/2024