A Xunta pon en valor a importancia da formación continua na xornada sobre fiscalidade e xestión empresarial para gandeiros, celebrada hoxe no CFEA de Monforte

Monforte de Lemos, 8 de febreiro de 2024

Arredor de 40 gandeiros participan hoxe na xornada formativa sobre fiscalidade e xestión empresarial das súas explotacións que organiza a Xunta, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e que se desenvolve no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos.

O curso, que onte se celebrou no CFEA de Sergude (Boqueixón), impártese en xornada de mañá e tarde e estrutúrase en tres módulos. O primeiro versa sobre tributación básica e optimización fiscal e ten por obxectivo darlles a coñecer aos asistentes ferramentas informáticas que faciliten a xestión diaria do seu negocio. A xornada está dividida en tres bloques formativos, centrados na tributación básica e a optimización fiscal, contabilidade e xestión eficiente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/02/2024