A Xunta aposta pola formación para o emprego como ferramenta para mellorar a situación das persoas máis vulnerables

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a sede da Asociación Boa Vida en Pontevedra

Pontevedra, 6 de febreiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, apuntou hoxe a importancia de que as persoas máis vulnerables poidan formarse para mellorar as súas condicións para atopar un traballo e mellorar a súa situación. Díxoo durante unha visita ás instalacións da Asociación Boa Vida, que conta co apoio económico da Xunta para o desenvolvemento de cursos en competencias clave, dixitalización ou de emprego, entre outros.

Arturo Parrado lembrou que é fundamental que a Xunta siga traballando da man das entidades sociais para facer de Galicia un lugar máis xusto, solidario e integrador no que vivir. Neste sentido, avogou por seguir impulsando iniciativas que permitan dar máis oportunidades ás persoas que máis precisan de axuda.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/02/2024