A Xunta aposta por garantir servizos de atención diúrna e residencial para adaptarse ás necesidades individuais das persoas con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou os centros de día e ocupacional de Cogami e a residencia Doral, no concello de Mos

Mos (Pontevedra), 6 de febreiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá o centro de día e ocupacional de Cogami en Mos. Durante a visita puxo en valor a calidade asistencial destas instalacións coas que o Goberno galego colabora a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF e o financiamento de prazas.

Abeijón visitou previamente a residencia Doral, tamén no concello pontevedrés. Durante o encontro lembrou a importancia de colaborar con todos os axentes implicados no coidado das persoas con discapacidade para lograr levar atención por todo o territorio. Así, apuntou que os veciños desta localidade e da súa contorno contan con prazas públicas nestas instalacións para garantir o seu benestar.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/02/2024