A Xunta colabora co albergue Xoán XXIII para garantir unha atención integral ás persoas sen fogar

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe as instalacións

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe a importancia do traballo que se realiza no albergue Xoán XXIII no que se dá acubillo ás persoas sen teito. Arturo Parrado visitou as instalacións e tivo a ocasión de conversar con persoal e usuarios do centro.

Ademais, o director xeral referiuse aos pasos dados nos últimos anos pola Xunta de Galicia para que os colectivos máis vulnerables, como é o caso das persoas sen fogar, melloren a súa situación. Así, referiuse ao Plan de atención ás persoas sen fogar e á nova Estratexia de Inclusión social 2023-20230.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/02/2024