A Xunta apoia a asociación As Burgas para garantir unha atención de calidade na residencia e centro ocupacional de Barbadás

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe estes servizos

Barbadás (Ourense), 5 de febreiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe o extraordinario traballo que a Asociación As Burgas leva a cabo na súa residencia e centro ocupacional, que contan con prazas financiadas pola Xunta de Galicia. Durante unha visita ás instalacións, Begoña Abeijón fixo fincapé na vocación de servizo da entidade e no espírito de superación que teñen as persoas usuarias destes centros.

A directora xeral destacou os avances acadados nos últimos anos no ámbito da discapacidade, grazas ao traballo conxunto da Xunta, entidades e familias. Neste sentido, sinalou que a nosa Comunidade conta cunha ampla rede de atención que permite achegar aos coidados alí onde son necesarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/02/2024