A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, explicou as novidades xunto a membros da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan)

A Xunta informa da ampliación da vixencia do título de familia numerosa ata os 26 anos do fillo menor para aliviar os trámites destes fogares

Ademais, substitúese o tradicional título en papel por un título en formato tarxeta que levará aparellado un formato dixital que se pode obter a través da nova aplicación móbil xunta.eu

A Coruña, 3 de febreiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo un encontro esta mañá con familias numerosas no que as informou da ampliación da vixencia do seu título ata que o fillo menor cumpre os 26 anos. Deste xeito, apuntou, alívianse os trámites destes fogares que xa non terán que renovar esta acreditación anualmente.

Ata o de agora este título tiña validez ata que o fillo maior cumpría os 26 anos, obrigando ás familias a renovalo cada ano para seguir desfrutando das vantaxes. Ademais, substitúese o tradicional título en papel por un título en formato tarxeta que levará aparellado un formato dixital que se pode obter a través da nova aplicación móbil xunta.eu. Este título en formato dixital xa está dispoñible para as 27.000 familias numerosas de Galicia.

A conselleira lembrou que estas actuacións leváronse a cabo en colaboración coa Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan), tamén presente no acto, para aliviar o número de solicitudes de renovación que reciben cada ano e para facilitar os trámites de todos estes núcleos familiares.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/02/2024