A colaboración da Xunta coas entidades sociais permite contar cada vez con máis servizos de calidade para atender á discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe a residencia Santa María en Ourense

Ourense, 3 de febreiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe na cidade das Burgas a residencia Santa María, un servizo que leva máis de tres décadas en funcionamento. Este centro pertence á Fundación San Rosendo e conta con prazas financiadas pola Xunta.

 

Begoña Abeijón destacou a importancia que ten a colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades para mellorar os servizos de atención e incrementar o apoio ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

Data de actualización: 03/02/2024