Fabiola García visita as dúas casas do maior de Cariño

Cariño (A Coruña), 2 de febreiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe as dúas casas do maior de Cariño onde lembrou a importancia destes servizos para garantir atención gratuíta e de calidade no rural galego.

Neste sentido, apuntou que estes centros permiten que as persoas maiores conten con alternativas ao seu alcance para decidir libremente onde vivir esta etapa ao tempo que reciben coidados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2024