A Xunta sinala a importancia do traballo conxunto entre as entidades e as administracións públicas para impulsar a atención aos Trastornos do Espectro Autista

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe os servizos de Aspanaes en Ferrol

Ferrol, 2 de febreiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo en valor hoxe o traballo que levan a cabo as familias e as entidades para facer de Galicia un lugar cada día máis inclusivo e acolledor. Fíxoo nunha visita á residencia e centro de día de Aspanaes en Ferrol, unha entidade de referencia no apoio ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) coa que a Xunta colabora a través da financiación de prazas, axudas para compra de vehículos e do 0,7% del IRPF.

Durante a visita, Begoña Abeijón conversou con profesionais e usuarios destes servizos, que considerou fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias. Neste sentido, coñeceu máis en profundidade algunhas das iniciativas que desenvolve Aspanaes e que contan co apoio do Goberno galego, como os programas de promoción da autonomía, de detección e atención temperá ao TEA ou de respiro e apoio familiar.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2024