A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da Fundación VAC-AN, dedicada á obra do lucense Vázquez Cereijo

Madrid, 2 de febreiro de 2024

Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na presentación da fundación VAC-AN, presidida pola viúva do artista, Anne Nikitik. O proxecto percorre a traxectoria do artista lucense, sobriño de Pimentel, que legou á súa morte unha "infinidade de obras e moitos tesouros" .

José Vázquez Cereijo (1940-2016) foi un pintor, gravador, poeta e colecconista lucense.

Coa intención de manter vivo todo o seu legado, do que o artista a fixo responsable, Nikitik fai realidade esta fundación.

Sobre a figura do Vázquez Cereijo falaron outros artistas como Menchu Lamas, Miguel Villarino, Andrés Trapiello e Juan manuel Bonet, coñecedores da súa obra, e amigos persoais do artista. Todos eles coincidiron na necesidade de   manter viva a memoria do pintor a través dunha fundación que sirva para expor as súas obras e difundir o legado dun dos artistas máis lembrados do Lugo do século pasado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2024