Román Rodríguez destaca o traballo pola erradicación da pobreza e a exclusión social dos premios Lorca, Guerra de Cal, Blanco Amor
2024-02-02
/documents/35297/506400/240202_Premio_001x.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, eloxiou hoxe o traballo pola erradicación da pobreza e a exclusión social dos finalistas no Premio Lorca, Guerra de Cal, Blanco Amor, impulsado polo Casino de Santiago, que recoñece nesta edición ao secretario xeral da ONU, Antonio Guterres; ao alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez, de orixe galega, e á pensadora Adela Cortina.
“Estes profesionais son o reflexo dun gran compromiso social para acabar coa exclusión, asegurar as mellores condicións posibles para a cidadanía e concienciar a toda a sociedade sobre a urxencia deste problema e a importancia da educación en valores, o traballo responsable e o diálogo institucional”, destacou o conselleiro.
Data de actualización: 02/02/2024