A Xunta apoia un ano máis a Ruta da androlla 4x4, que se celebra en Navia de Suarna

Navia de Suarna (Lugo), 2 de febreiro de 2024

A Xunta de Galicia apoia un ano máis a Ruta da Androlla 4x4 de Navia de Suarna, que celebra a quinta edición os días 9, 10 e 11 de febreiro organizada pola asociación deportiva Ancares 4x4.

A secretaria territorial de Lugo, Marta Barreiro, participou hoxe en Navia na presentación desta cita, na que está previsto que participen uns 40 vehículos todoterreo. Felicitou á organización polo seu traballo para impulsar esta proba, da que salientou que “é un reclamo turístico importante para o concello e xenera un impacto positivo na economía local”.

O programa comezará o venres 9 cunha cea de benvida aos asistentes. O sábado 10 sairá a ruta sobre las 8,30 horas; e pola noite haberá cea e reparto de agasallos no pavillón polideportivo. O domingo 11 a partir das 9,00 horas desenvolverase unha proba de velocidade no circuíto de Grandela. A xornada culminará cun xantar e entrega de premios.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2024