A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-531 entre Xinzo de Limia e Cortegada

Continuarán as tarefas en marcha na autovía AG-64, en Narón e San Sadurniño; ou na vía de altas prestacións CG-2.1, ao paso por Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao

Na provincia de Ourense avanzarán as intervencións na OU-536, no Pereiro de Aguiar; e na OU-504 en Leiro

Proseguirán as actuacións en vías autonómicas da comarca do Morrazo

Estas tarefas forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2024

A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-531 entre Xinzo de Limia e Cortegada.

Tamén proseguirán actuacións xa en marcha como as da autovía AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño.

No caso da provincia de Lugo continuarán as tarefas na vía de altas prestacións CG-2.1 ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao.

Na provincia de Ourense avanzarán as intervencións na OU-536, no Pereiro de Aguiar; e na OU-504 en Leiro.

Tamén continuarán os traballos de roza na provincia de Pontevedra, neste caso centrándose en vías da comarca do Morrazo: na autovía AG-46, en Moaña e Cangas; na CG-4.1, que une tamén os municipios de Moaña e Cangas; e na vía de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu.

Estas intervencións enmárcanse no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

Os obxectivos deste programa son previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de vehículos, de peóns e de ciclistas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/02/2024