A Xunta visita en Lugo as asociacións Aliad-Ultreia e de Promoción e Integración Gitana

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou a importancia da formación e a sensibilización para mellorar a calidade de vida das persoas en situación ou risco de vulnerabilidade

Lugo, 2 de febreiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou que Galicia conta cunha ampla rede de entidades de iniciativa social que traballan a pé de campo e os 356 días de ano ao carón das persoas que están pasando por unha situación complicada. Arturo Parrado visitou hoxe dúas destas entidades en Lugo: a Asociación Aliad-Ultreia e a Asociación Promoción e Integración Gitana.

Nestas visitas, o director xeral tivo a ocasión de coñecer máis en profundidade os programas que desenvolven estas entidades e de conversar con algúns usuarios. Así mesmo, destacou a importancia da formación e sensibilización para mellorar as condicións de vida dos colectivos máis vulnerables.

A Asociación Aliad-Ultreia centra a súa actividade na atención a persoas con trastornos aditivos, a poboación reclusa e exreclusa e as vítimas da violencia de xénero. Pola súa banda, a Asociación Promoción e Integración Gitana desenvolve, entre outras iniciativas, programas formativos para a mellora da empregabilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2024