A Xunta destaca o traballo de entidades como Arraianas para a integración de persoas migrantes

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a sede da entidade compostelá

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe o traballo que realizan entidades como Arraianas para favorecer a integración das persoas migrantes. Así o sinalou nunha visita ás instalacións da sede desta entidade compostelá, na que tivo a ocasión de afondar nas diferentes iniciativas que esta leva a cabo.

O director xeral indicou que os programas de preparación para o emprego como os que desenvolve Arraianas son fundamentais para que as persoas que veñen doutros países poidan integrarse de maneira satisfactoria na nosa comunidade.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/02/2024