A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe os centros de día e ocupacional que xestiona esta asociación en Outes

A Xunta colabora con Adisbismur para ofrecer uns coidados e servizos de calidade aos seus usuarios

Begoña Abeijón asegurou que a coordinación entre Xunta e entidades permite que Galicia sexa cada día máis solidaria, xusta e integradora

Outes (A Coruña), 1 de febreiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo hoxe en valor o feito de que Galicia conte dunha ampla rede de centros de día e ocupacionais que melloran a calidade de vida das persoas que teñen a súa autonomía limitada e das súas familias. Así o destacou durante a visita aos centros que a entidade Adisbismur xestiona en Outes, aos que asisten persoas con discapacidade da comarca de Muros e co que a Xunta colabora a través do financiamento de prazas e das axudas do 0,7% do IRPF.

A directora xeral apuntou que é o traballado coordinado entre a Xunta e as entidades sociais o que fai que a nosa comunidade autónoma sexa cada día máis solidaria, xusta e integradora. Neste sentido, destacou as catro décadas de traxectoria que acumula xa Adisbismur, e que a converten nun referente no ámbito da atención á discapacidade.

Begoña Abeijón tivo a ocasión de conversar con usuarios e persoal destes centros, nos que se desenvolven actividades formativas, obradoiros de preparación para a inserción laboral, terapias de rehabilitación ou programas de ocio e tempo libre, entre outras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/02/2024