A Xunta destaca o papel dos certificados de aforro enerxético no fomento da eficiencia

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá nunha xornada sobre Certificados de Aforro Enerxético (CAEs), organizada por Cluergal en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Santiago de Compostela nunha xornada informativa centrada nos Certificados de Aforro Enerxético (CAEs) e que organizou Cluergal.

Na súa intervención, o director xeral destacou o papel que desempeña este sistema no fomento da eficiencia e tamén para alcanzar os obxectivos de aforro exixidos a España pola Unión Europea. Tal e como explicou, este sistema xorde pola necesidade de xerar novos aforros enerxéticos a través da realización de proxectos de eficiencia e nace co espírito de facilitar o investimento neste tipo de tecnoloxías.

Fernández Vila informou de que as solicitudes de CAEs deben ser verificados por un organismo avaliador da conformidade e que deben presentarse na Comunidade Autónoma na que se obteña o aforro e que, no caso de Galicia, corresponderalle ao Inega a súa validación, emisión e remisión ao Estado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/02/2024